domingo, 11 de octubre de 2026

AXUDAS PARA O ESTUDO DE IDIOMAS

 

BOLSAS PARA A  ESCOLA  OFICIAL DE IDIOMAS (EOI)

ORGANISMO: MINISTERIO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E DEPORTES

IMPORTE: BÁSICA 300 €+ VARIABLE 60 € (mínimo garantizado para EOI)

BENEFICIARIOS: ESTUDANTES MATRICULADOS NUNHA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS, INCLUÍDA A MODALIDADE A DISTANCIA

CONCEPTOS DA BECA:

A beca básica é de 300 euros se non se supera o umbral de renta e patrimonio, establecido na convocatoria oficial e unha cuantía variable mínima de 60 euros.

REQUISITOS:

        ·         Estar matriculado nunha Escola Oficial de Idiomas pública.

        ·         Cumprir os requisitos económicos da convocatoria (umbral de renda familiar).

        ·         Para renovar a bolsa: ter superado o curso anterior.

        ·         Non estar en posesión dunha titulación do mesmo nivel ou superior neste idioma. 

 

Fonte: información da web do Ministerio de educación. 

 

 


PREZOS

 

A matrícula para un ano académico nun só idioma custa entre 0 e 127 euros, segundo a situación de cada estudante e as bonificacións ás que teña dereito.

É gratuito para:

        ·        Alumnado bolseiro/a  das axudas do Ministerio de Educación, as cales se solicitan entre o mes de abril e maio.

        ·         Alumnado con dereito a exención do 100% por distintos motivos:

-       Persoas cun grado de discapacidade maior do 33%

-       Vítimas de actos terroristas, cónxuges e os seus fillos/as

-       Alumnas vítimas de violencia de xénero  e os seus fillos/as

-       Familias numerosas de categoría especial.

Existen  algúns descontos:

        ·         Do 50% no importe para familias numerosas de categoría xeral.

        ·         Funcionarios dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. de educación (BOE do 04/05)  teñen dereito a exención das taxas de matrícula.

Todos estes casos deben aportar documentación xustificativa no momento da realización da matrícula.

 

No caso de non ter dereito a ningunha bonificación ou exención, a continuación amosamos o desglose dos conceptos a aboar:

·         Apertura de expediente: 22,00 € (só alumnado que se matricula por 1ª vez nunha EOI de Galicia)

·         Servizos xerais: 13,00 € (só alumnado oficial)

·         Matrícula por cada idioma e réxime oficial: 92,00 €

·         Matrícula por cada idioma en réxime libre: 46 €

·         Inscrición na proba de clasificación: 17 € por idioma.

·         Cursos de actualización e especialización para o público en xeral (monográficos) a 1,5 €/hora.

·         Curso de 30 h: 45  €

·         Curso de 60 h: 90 €

·         Curso de 120 h: 180 €).

 

As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

A fonte desta información basease na información publicada polas das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia nas súas webs oficiais. 




viernes, 9 de octubre de 2026

Bos días

Dende a plataforma creouse o grupo de Facebook  "PRO SECCIÓN EOI A GUARDA", por queres seguirnos nesta rede social. 

lunes, 5 de octubre de 2026

Ensinanzas da Escola Oficial de Idiomas

    

   As ensinanzas de idiomas de réxime especial, impartidas na rede de Escolas Oficiais de Idiomas (EOI), son estudos oficiais dirixidos á adquisición e acreditación de competencias en linguas estranxeiras fóra das ensinanzas obrigatorias. 

    Estas formacións son  a vía oficial para obter certificacións recoñecidas segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Estes estudos están estruturados en tres niveis: nivel básico(A1 e A2), nivel intermedio (B1 e B2), nivel avanzado (C1 e C2). 

    A aprendizaxe destas ensinanzas permiten ao alumnado mellorar as súas competencias comunicativas ao longo da vida, facilitando a mobilidade profesional e estudantil no entorno europeo.

    Estas ensinanzas  impártense en centros de titularidade pública dependentes da Consellería de educación, Ciencia, Universidades e FP. Nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia impártense 11 idiomas distintos: alemán, árabe, chino, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, xaponés, español para estranxeiros e galego.

    Para acceder aos estudos das EOI o alumnado deberá ter 16 anos feitos no ano natural de comezo da formación para calquera idioma ou mínimo 14 anos cumpridos para un idioma diferente ao cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.


AXUDAS PARA O ESTUDO DE IDIOMAS

  BOLSAS PARA A   ESCOLA   OFICIAL DE IDIOMAS (EOI) ORGANISMO : MINISTERIO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E DEPORTES IMPORTE : BÁSI...